STARBEN S.L.
TERMOS E CONDICIONS (2021)
NORMATIVA XERAL
O importe da matrícula máis o importe da primeira mensualidade cobrarase no momento da alta en efectivo, ou contarxeta comprando a actividade a través da tenda online
O resto das cotas mensuais deben abonarse antes do día 7 de cada mes. Pasada esa data se deberá aboar a recarga de 5€.
A falta de pagamento despois de 20 días supón a perda da matrícula e a praza.
Todos os recibos posteriores poden ser domiciliados por banco.
Se un recibo bancario ven devolto por causas alleas a nós se poderán aplicar as recargas oportunas.
O pago da cota é mensual, e as clases son semanais. Non podéndose recuperar dunha semana para outra.
A inscrición pódese formalizar calquera día do mes. Se formalízase a inscrición a metade do mes abonarase a metade da cota mensual.
Non se devolverá o importe da matrícula nin da mensualidade, por causas de falta de asistencia.
No caso de ter recibos pendentes débese aboar o seu importe para poder acceder ás clases.
A non asistencia a clases non presupón a falla de pagamento dos recibos.
Requisito indispensable avisar antes do día 20 de cada mes para notificar cambios de cota e baixa do centro.
Por motivos de hixiene nas clases con esterilla é obrigatorio o uso de toalla propia ou alugada no centro.
É obrigatorio cambiar o calzado da rúa antes de acceder ao aula.
A cota de mantemento de matrícula (dúas por ano) pódese utilizar unicamente no período estival para non perder a matrícula.
NORMATIVA E CONDICIÓNS PARA CLIENTES ADESTRAMENTO PERSOAL:
Se as sesións de entrenamento persoal non se cambian de data ou se cancelan con 24h de antelación o/a cliente/a asumirá a perda da sesión e do importe aboado por el/ela para dita sesión.
Os clientes que cheguen con retraso recibirán o entrenamento durante o tempo de sesión restante, a menos que previamente se acordara de forma diferente co adestrador.
O pago deberase facer antes da realización do adestramento mediante transferencia ou adeudo bancario.
No caso de ter recibos pendentes deberase aboar o seu importe para poder continuar co adestramento.
A póliza de vencemento esixe levar a cabo todas as sesións de entrenamento persoal nun prazo de 120 días dende a data do presente contrato. As sesións de adestramento persoal anularanse tras ese período.
Non se devolverá o diñeiro baixo ningunha circunstancia, tales como traslados a outra localidade, enfermidade e sesións sen realizar, entre outros.
EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
O titular ou titor/a do socio beneficiario declara expresamente, dado que non presenta ningún certificado médico oficial de aptitude, que non ten ningún tipo de doenza, defecto físico ou psíquico e/ou enfermidade que lles impidan a práctica normal de actividade física e exonera expresamente a STARBEN, S.L. da responsabilidade sobre calquera lesión e/ou enfermidade anterior do titular ou socio beneficiario á firma do presente documento, así como tamén exonera a STARBEN, S.L. sobre calquera responsabilidade que poida derivarse con motivo de posibles incidentes, que xurdan en ocasión da practica da actividade polo titular ou socio beneficiario no desenvolvemento da actividade contratada con esta empresa, causados por lesións e/ou enfermidades do mesmo anteriores á aceptación do presente documento.
AUTORIZACIÓN COMERCIAL OU DE PUBLICIDADE
Poden darse lugar á realización de accións comerciais e/ou publicitarias de STARBEN en carácter xeral e AVD173 en particular, incluíndose así mesmo, o envío de tal publicidade e información comercial correo electrónico, SMS e/ou notificacións emerxentes en servizos e aplicacións, aos efectos do artigo 21 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, o que Vde. consinte expresamente coa marca na casiña correspondente.
DEREITOS DE IMAXE
O titular ou titor/a do socio beneficiario autoriza expresamente, a STARBEN S.L. á gravación e/ou captación da imaxe física do titular e socio beneficiario, dentro das actividades e festivais que desenvolva a empresa dentro e fóra das súas instalación e á súa posterior emisión para á súa comunicación pública por tódolos medios para todo o mundo e sen limitación temporal, sen percibir por isto retribución ningunha
PAGO MEDIANTE ORDE DE DOMICILIACIÓN DE ADEUDO DIRECTO (SEPA)
Mediante a aceptación dos Termos e Condicións vixentes ,conforme ao Regulamento 260/2012 de 14 de marzo, vostede autoriza:
a) Ao acredor STARBEN,S.L, con enderezo en Av. de Lugo, 173 baixo, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) ESPAÑA, provista de C.I.F. B-70456306 e con identificador nº ES72001870456306, a enviar instrucións á entidade do debedor para adeudar na súa conta.
b) Á entidade para efectuar os adeudos na súa conta seguindo as instrucións do acredor. Como parte dos seus dereitos, o debedor está lexitimado ao reembolso pola súa entidade nos termos e condicións do contrato subscrito coa mesma. A solicitude de reembolso deberase efectuar dentro das oito semanas que seguen á data de adeudo en conta. Pode obter información adicional sobre os seus dereitos na súa entidade financeira.
INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
RESPONSABLE, FINALIDADE E LEXITIMACIÓN: Segundo establecido no novo Regulamento Xeral de Protección de Datos europeo (RGPD), STARBEN SOCIEDADE LIMITADA, lle informa de que os seus datos persoais e a información que Vde. facilite a través deste contrato, incorporaranse ao ficheiro físico e automatizado CLIENTES debidamente inscrito na Axencia Española de Protección de Datos sendo titular: Identidade: STARBEN,S.L. CIF: B-70456306 Enderezo: Av. De Lugo, 173 baixo, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 881 162 378 Correo electrónico: info@grupostarben.es Este ficheiro ten por finalidade a xestión do envío da información solicitada por vostede, a formalización e xestión das altas e baixas na contratación dos produtos e servizos ofrecidos por STARBEN, S.L. e no mantemento, xestión, facturación, cumprimento e control da relación contractual entre vostede e STARBEN,S.L. conforme á base legal da execución do contrato de prestación servizos relativa a súa información fiscal do titular (DNI, nome e apelidos e enderezo) e do titor/a, no seu caso, que autorice ao menor (DNI, nome e apelidos). Co consentimento expreso, o titular, no seu nome e en representación do socio beneficiario menor de idade (en caso de pai, nai ou titor/a), autoriza a STARBEN,S.L. a recibir e enviar calquera tipo de comunicación de información relativa aos seus intereses solicitados pola súa parte por teléfono, correo electrónico, SMS e/ou notificacións emerxentes en servizos e aplicacións en base ao resto de datos facilitados por vostede, sen que en ningún caso a retirada deste consentimento condicione a execución do contrato de prestación de servizos.
Finalidade comercial ou de publicidade:
Así mesmo a finalidade do ficheiro ten por obxecto a realización de accións comerciais e/ou publicitarias de GRUPO STARBEN en carácter xeral e CENTRO STARBEN en particular, incluíndose así mesmo, o envío de tal publicidade e información comercial por correo electrónico, SMS e/ou notificacións emerxentes en servizos e aplicacións, aos efectos do artigo 21 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, o que vostede consinte expresamente. Non se tomarán decisións automatizadas en base a ningún perfil comercial que se elabore en base á información facilitada.
CONSERVACIÓN:
Informámoslle que STARBEN, S.L. ten implantadas as medidas de seguridade necesarias para custodiar debidamente a súa información conforme a normativa vixente. Podemos conservar a súa Información Persoal durante o tempo que a súa ficha de cliente este activa ou cando sexa necesario para ofrecerlle os nosos servizos solicitados.
Podemos seguir conservando dita Información Persoal, incluso despois de desactivar a súa conta de cliente e/ou deixar de utilizar calquera dos servizos, quedando bloqueados segundo sexa razoablemente necesario para cumprir coas nosas obrigacións legais, resolver disputas acerca de nosos clientes, previñer o fraude e abuso, facer cumprir os nosos acordos e/ou protexer os nosos intereses lexítimos nos períodos fixados na lexislación vixente, tras os que unha vez alcanzados ditos datos persoais serán destruídos e cancelados.
DESTINATARIOS:
Vostede queda informado de que os seus datos persoais e a información aquí recollida non serán cedidos a terceiros, salvo unicamente en caso de existir obrigación legal, para as finalidades e obxectos expresados nos parágrafos anteriores, a sociedades e/ou empresas colaboradoras e administracións públicas, estendendo para elo a estas, a autorización expresa para o uso do correo electrónico ou medio equivalente. Esta autorización faise efectiva de xeito retroactivo a calquera tratamento destes datos feitos xa por parte do titular do ficheiro, sempre e cando a finalidade fora a anteriormente indicada. Tamén faise efectiva para calquera outro tratamento necesario para a prestación de servizos de recente ou nova contratación con STARBEN,S.L.
DEREITOS: Non obstante ao anteriormente dito, vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en STARBEN, S.L. tratamos os seus datos persoais, por tanto ten dereito de balde, sen prexuízo do deber de bloqueo a: -Acceder aos seus datos persoais; -Rectificar os datos inexactos; -Cancelar ou suprimir os datos que resulten ser inadecuados ou excesivos; -Solicitar a limitación do seu tratamento; -Exercer o dereito de oposición ao seu tratamento cando xa non sexan necesarios; -Retirar o consentimento outorgado, se é o caso, para outras as finalidades específicas, sen que elo afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada; persoalmente ou dirixindo un escrito en calquera caso, coa solicitude de xeito expreso (xunto coa fotocopia do DNI), a: STARBEN,S.L. no enderezo: Av. De Lugo, 173 baixo C.P. 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) - Telf. 881 162 378, ou no correo electrónico: info@grupostarben.es . Así mesmo pode exercer o dereito a reclamar ante a Autoridade de Control competente en materia de Protección de Datos:
Para máis información sobre Protección de Datos consultar: PORTAL EUROPEO DE PROTECCIÓN DE DATOS: www.eugdpr.org AXENCIA ESPAÑOLA PROTECCIÓN DE DATOS: www.agpd.es
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS:
RESPONSABLE STARBEN,S.L.
FINALIDADE Xestión do servizo contratado / (ver publicidade)
LEXITIMACIÓN Execución da relación contractual e facturación.
DESTINATARIOS Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal.
DEREITOS Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos tal e como se explica na información adicional.
INFORMACIÓN ADICIONAL Pode consultar a información adicional detallada sobre Protección de Datos solicitando unha copia en recepción ou na nosa páxina web: https://starben.wixsite.com/centrostarben/aviso-legal